17 de abril de 2017

Der Himmel über Berlin



[Devir semente]
 Por que eu son eu e non son mapoula ou mallerenga?
pau'17
 

Cando o neno era neno era o momento de facerse esta pregunta: 

Por que eu son eu e non son ti? 

Por que estou aquí e non estou alí? 

Cando comeza o tempo e onde remata o espazo? 

Non é a vida baixo o sol un mero soño? 

Non é o que vexo, oio e cheiro 

máis nada que o reflexo dun mundo diante doutro mundo? 

Existe realmente o mal e xente que de verdade é mala? 

Como pode ser que eu, que son eu, 

antes de selo non o fose, 

e que algún día eu, que son eu, 

deixe de ser o que son?

                                                                                  Peter Handke       

                                      



Sem comentários:

Enviar um comentário