[Devir semente]
Por que eu son eu e non son mapoula ou mallerenga?
pau'17
Cando o neno era
neno era o momento de facerse esta pregunta:
Por que eu son eu e non
son ti?
Por que estou aquí e non estou alí?
Cando comeza o tempo e
onde remata o espazo?
Non é a vida baixo o sol un mero soño?
Non é o que vexo, oio e cheiro
máis nada que o reflexo dun mundo diante
doutro mundo?
Existe realmente o mal e xente que de verdade é mala?
Como pode ser que eu, que son eu,
antes de selo non o fose,
deixe de ser o que son?
Peter Handke