27 de fevereiro de 2015

Río Zambeze

Thomas Baines (1820-1875) un artista de King's Lynn, Norfolk, foi un dos membros da expedición ao Zambeze(1858). Chegou a África por primeira vez en 1848 e quizais sexa a mellor testemuña de como era África do Sur a mediados do século XIX. O seu recrutamento para a expedición de Livingstone foi un desastre, xa que foi tratado moi inxustamente por este gran viaxeiro, que nunca se retractou dos falsos cargos feitos contra o artista. Non obstante, Baines sobreviviu, ao igual que as súas espléndidas pinturas que foron o mellor logro dunha expedición mal dirixida. O seu fermoso cadro das cataratas Victoria pintouno nunha viaxe posterior ao río Zambeze en 1861 con James Chapman.


                                                                         Imaxe e texto: Atlas enciclopédico universal  

17 de janeiro de 2015

Son un manequín

 
Son un manequín
E vouno probar todo.
onde está a tenda
das mulleres deformes,
das mulleres xigantas,
das mulleres con barba?
Quero velas todas,
imaxinalas as miñas irmás
nunha maravilla múltiple
para logo sentirme asoballada
ante o pensamento
de que o único que queren
que nos una
está no máis, no máis
fondo da saia:
unha tarxeta de crédito
e unha ansia angustiosa
de ter, ter, ter, ter
todo o que a moda manda.

María Reimóndez Moda galega