17 de janeiro de 2015

Son un manequín

 
Son un manequín
E vouno probar todo.
onde está a tenda
das mulleres deformes,
das mulleres xigantas,
das mulleres con barba?
Quero velas todas,
imaxinalas as miñas irmás
nunha maravilla múltiple
para logo sentirme asoballada
ante o pensamento
de que o único que queren
que nos una
está no máis, no máis
fondo da saia:
unha tarxeta de crédito
e unha ansia angustiosa
de ter, ter, ter, ter
todo o que a moda manda.

María Reimóndez Moda galega