Thomas Baines (1820-1875) un artista de King's Lynn, Norfolk, foi un dos membros da expedición ao Zambeze(1858).
Chegou a África por primeira vez en 1848 e quizais sexa a mellor
testemuña de como era África do Sur a mediados do século XIX. O seu
recrutamento para a expedición de Livingstone
foi un desastre, xa que foi tratado moi inxustamente por este gran
viaxeiro, que nunca se retractou dos falsos cargos feitos contra o
artista. Non obstante, Baines sobreviviu,
ao igual que as súas espléndidas pinturas que foron o mellor logro dunha
expedición mal dirixida. O seu fermoso cadro das cataratas Victoria
pintouno nunha viaxe posterior ao río Zambeze en 1861 con James Chapman.
Imaxe e texto: Atlas enciclopédico universal
Sem comentários:
Enviar um comentário